Párate, Enraízate.
As árbores non están perdidas.
Cada paso, en cada outono e en cada inverno, si estás presente, é un paso cara ao teu centro.
En cada primaveira renace a túa valentía.
En cada verán despréganse os teus talentos.
Só necesitas saber estar contigo e para ti.
Aquí e agora. Un camiño cara ti mesmo
Psicoterapia e promoción da saúde en Lugo
Teresa Mariño Berredo
Secretaria
Información sobre as nosas terapias
Psicoterapia humanista
Aprender a vivir no aquí e no agora
*Facemos constar que a psicoterapia gestalt non está oficialmente recoñecida como ferramenta de axuda sanitaria.
Encadrada no movemento da Psicoloxía Humanista, a Terapia Gestalt comparte con dito movemento a visión esperanzada do ser humano que tende a súa autorealización, non coma individuo patoloxizado, senón con recursos saudables para o seu desenvolvemento óptimo no aquí e agora: un tempo presente e puntual despontoxado de absolutos e inmersos nunha situación interrelacional cos outros e co mundo.
A Terapia Gestalt, máis que unha teoría da psiquis, é unha eficaz abordaxe terapéutica e unha filosofía da vida na que prima a conciencia (awaraness, darse conta), a propia responsabilidade dos procesos en curso e a fe na sabiduría intrínseca do organismo (a persoa total que somos) para auto-regularse de forma axeitada cun medio cambiante.
Antepón a espontaneidade ao control; a vivencia á evitación do molesto e doloroso; o sentir á racionalización; a comprensión global dos procesos a dicotomía dos aparentes opostos... e require do terapeuta un uso de sí como instrumento (emocional, corporal, intelectual) que transmita unha determinada actitude vital en vez de practicar unicamente unha técnica útil contra a neurosis.
Os principios que manexa a Terapia Gestalt para recuperar a autorregulación organísmica e que implican unha filosofía da vida, son:
- Sente, observa e experimenta o real en vez de imaxinar, fantasear ou xulgar.
- Deixa de facer elucubracións sobre o pasado ou anticipacións do futuro: vive o aquí e agora.
- Antes de dar explicacións xustificativas ou manipuladoras escolle a expresión clara e directa sobre o que sentes ou pensas.
- Permítete a vivenza do dolor ou o desagrado tanto coma a do pracer, non limites o darse conta.
- Responsabilízate das túas accións, sentimentos e pensamentos.
- Non aceptes ningún outro "debería ou tería" máis que o teu propio: non adores a ningún ídolo.
- Acepta ser como es.
Terapia sistémica integrativa
Encontrar o meu lugar axeitado para estar enfocado hacia a vida, abrazando todo o que foi e é, tal como foi e é.
*Facemos constar que as constelacións familiares non están oficialmente recoñecidas como ferramentas de axuda sanitaria.
A familia e as súas relacións vitais constitúen o punto de partida para descubrir o fondo de moitas das nosas doenzas, sexan de carácter físico, emocional ou psíquico. A mesma familia é a orde nas súas relacións, revélanse tamén como a fonte de sanación. A pertenza ao grupo de familiares ten a forza do lume. Hai un código de lealdade que vai por riba dos desexos persoais.
"Seguramente, as constelacións familiares é un dos métodos máis rápidos e efectivos que hai nestos momentos no panorama terapéutico para ver, dunha forma moi precisa, como son as dinámicas e as implicacións familiares e como estas dinámicas e estas implicacións contribúen a manter e soster os problemas. Tamén é un método sumamente rápido para mover estas imaxes familiares interiores que todos temos e que son determinantes, unha maneira de reordenalas, é dicir, de darlles unha orde a través de certos cambios na posición das persoas ou de certos rituais e frases concentradas, de xeito que a persoa interioriza movementos de solución ou movementos cara a vida. E unha constelación segue tendo efectos e movendo os fíos profundos da alma aínda despois de moito tempo."
Joan Garriga
Nas constelacións miramos tres aspectos, un é a orde que ten que ser respetada, que ven de atrás cara adiante, do pasado cara o futuro, de arriba cara abaixo: que os pais sexan pais e os fillos sexan fillos. E que o marido sexa marido e ocupe o seu lugar, e que a muller sexa muller e ocupe o seu lugar; tamén nos preguntamos que persoas foron excluídas deste sistema e teñen que ser reintegradas porque senón a consecuencia é que outras persoas as representen. Tamén miramos as situacións que se producen como efecto da lei de compensación: todos os membros dun sistema familiar teñen que ter o seu lugar de dignidade e afecto, e se non é así aparecerán síntomas que delatan esta descompensación, trátase de restaurar a honra de todos, sen exclusión.
As constelacións confirman que moitas das cousas que nos pasan afunden as súas raíces en movementos invisibles, subterráneos, onde a forza dos vínculos e a forza do amor teñen unha dimensión enorme. Establecidos no nivel superficial, cremos que facemos as nosas eleccións, pero hai dinámicas moi sutiles e moi ocultas nas relacións humanas que nos levan a posicionarnos na vida dun certo modo. A constelación é un método rápido para desvelar estas dinámicas do nivel inconsciente.
Xeralmente é unha terapia que se leva a cabo en grupo, pero tamén pode aplicarse en sesións individuais.
Brainspotting
O que sintes depende de onde miras. Miramos os recursos que nos permiten medrar.
É unha técnica fisiolóxica con consecuencias psicolóxicas. Brainspotting é un poderoso método de tratamento focalizado que funciona identificando, procesando e liberando as fontes nodais neurofisiolóxicas da dor emocional e corporal, trauma, disociación e dunha variedade de outros síntomas difíciles. Brainspotting é simultaneamente unha forma de diagnóstico e tratamento (incrementado con son bilateral), profunda, directa e poderosa, pero focalizada e contedora.
Brainspotting funciona como unha ferramenta neurobiolóxica de apoio á relación clínica de curación. Non existe reemprazo posible para unha presenza terapéutica madura e nutrinte, e para a capacidade de comprometer a outro ser humano sufrinte nunha relación de seguridade e confianza onde se sinta escoitado, aceptado e entendido. Un "Brainspot"(Punto de Cerebro) é a posición do ollo relacionada coa activación enerxética/emocional dun tema con carga traumática/emocional dentro do cerebro, moi probablemente na amígdala, no hipocampo, ou na corteza orbitofrontal do sistema límbico. Localizado pola posición do ollo, paraficado con respostas reflexas observadas externamente e experienciadas internamente, un Breinspot é de feito un subsistema fisiolóxico que contén a experiencia emocional en forma de recordo.
Cando se estimula un Brainspot, o cerebro profundo sinala en forma reflexa ó terapeuta que se localiza unha área significativa. Isto sucede tipicamente fora do coñecemento consciente do paciente. Hai unha multitude de respostas reflexas, incluíndo movementos e tics involuntarios de ollos, sacudidas, conxelamento, parpadeos (duro ou dobre parpadeo), dilatación e constrición das pupilas, estreitamento de ollos, tics faciais, fruncimento da fronte, inhalacións, tragar, bostezar, tusir, movementos da cabeza, sinais das mans, movementos dos pés, cambios de postura corporal. As expresións faciais reflexas son poderosos indicadores de Brainspots.
EMDR
É unha técnica moi eficaz para resolver dificultades de ansiedade, dor, fobias, medos e tabaquismo.
Reprocesamos os traumas que nos impiden levar unha vida sana e desenrolar os nosos talentos con éxito. Tomamos conciencia dos recursos que nos axudan e fortalecen.
Desensibilización e reprocesamento polos movementos oculares é unha abordaxe psicoterapéutica no tratamento das dificultades emocionais causadas por experiencias difíciles na vida do suxeito, dende fobias, ataques de pánico, morte traumática e duelos ou incidentes traumáticos na infancia ata accidentes e desastres naturais. Tamén úsase EMDR para aliviar a angustia e/ou fobia de falar en público, para mellorar o rendemento no traballo, no deporte e nas interpretacións artísticas.
EMDR como método combina elementos teórico-clínicos de orientacións tales coma a psicanálise cognitivo-conductual e outras. Para moitos pacientes o EMDR resulta de maior axuda para os seus problemas que outras terapias convencionais. En 1987, Francine Shapirio, psicóloga norteamericana, descubriu que os movementos oculares voluntarios reducían a intensidade da angustia dos pensamentos negativos. Iniciou unha investigación (Shapiro, 1989) con suxeitos traumatizados na guerra de Vietnam e vítimas de abusos sexuais para medir a eficacia do EMDR. Este reducía de maneira significativa os síntomas do Trastorno por Tensión Post Traumática nestes suxeitos.
***Informámoste de que a metodoloxía Gestalt, as Constelacións Familiares e o Brainspotting son terapias que, actualmente, non teñen evidencia científica comprobada; están en avaliación.